Hai uns días, o equipo do programa Hora Galega da TVG visitounos en Cervantes para protagonizar a sección "A Hora do Tesouro". Foi unha experiencia moi especial ver como os espectadores intentaban adiviñar que segredo gardamos nestas montañas. E que mellor tesouro poderíamos mostrar que o noso mel de alta montaña dos Ancares?
Se non tiveches a oportunidade de velo en directo, aquí che deixamos o fragmento do programa. Pero hoxe queremos levarte un chisco máis alá, ata o corazón do noso colmenar, para que sintas o que hai detrás de cada bote.
A diferenza do que atopas nun supermercado, o noso mel non nace dun proceso industrial. Aquí manda a natureza
O que nos diferencia é a autenticidade. O noso mel é cru, 100% puro e sen aditivos
Ser apicultor na "Galicia profunda" non sempre é doado, pero é o noso oficio e o que amamos
Nas nosas mans está o desoperculado, que facemos panal a panal, retirando a capa de cera cun coitelo antes de levalos ao extractor
Máis alá dun doce, o noso mel de alta montaña é un remedio natural cargado de propiedade
Grazas á TVG por recoñecer o noso traballo como un "tesouro". Para nós, o verdadeiro premio é que cada vez que abras un bote de Mel Casa da Torre, sintas que estás un pouco máis preto dos nosos montes.
Queres probar o sabor auténtico dos Ancares? Pincha AQUÍ para facernos un pedido.
